FEDERACIÓN GALEGA DE REMO

ÚLTIMAS NOVAS

23-12-2011
Campionato Galego de Remoergómetro 2012

O vindeiro día 15 de xaneiro de 2012, celebrarase unha nova edición do Campionato Galego de Remo Indoor.

As probas levaranse a cabo no Pabillón Polideportivo de A Malata en Ferrol.

Para máis detalles a continuación está a normativa da regata.

14-12-2011
¡FELICES FESTAS!

Postal Navidad

24-11-2011
Campionato Provincial de Remoergómetro

O vindeiro día 11 de decembro se vai celebrar no Pabillón Polideportivo de A Malata en Ferrol (A Coruña), o Campionato Provincial de Remoergómetro para todas as categorías. A hora de comezo das competicións está prevista para ás 10:00 horas.

Aínda sendo un Campionato Provincial, A PARTICIPACIÓN ESTÁ ABERTA A TODOS OS CLUBES DE GALICIA, sendo a data e hora límites para formalizar as inscripcións o día 7 de decembro ás 21:00 horas.

A continuación podes descargar a Normativa da competición. Normativa



28-10-2011
Temario do Bloque Específico

Temario do Bloque Específico do Curso de Adestradores de Nivel I:

ÁREA

Nº DE HORAS

Teóricas

Total

 Formación Técnica, Táctica e Regulamento

 

45

     - Terminoloxía e especialidades

5

 

     - Técnica de remo

15

 

     - Táctica no remo

1

 

     - Regulamento

7

 

     - Reglaxe e mantemento embarcacións

15

 

     - Instalacións e infraestruturas

2

 

Didáctica do Remo

 

15

     - Metodoloxía e Didáctica do Remo
8

 

     - Iniciación no Remo
7

 

Seguridade e Hixiene no Remo

 

10

     - Hixiene e prevención das lesións
5

 

     - Primeiros auxilios
5

 

Desenvolvemento profesional

 

5

     - Desenvolvemento profesional
5

 

 

 

 

Total carga horaria Bloque Específico:

75

75

 

 

30-09-2011
Convocatoria Curso Bloque Específico Nivel I

Abriuse o prazo de inscripción para realizar o Bloque Específico de Remo do Curso de Adestradores de Nivel I e que complementa o Bloque Común impartido pola Escola do Deporte da Xunta de Galicia.

Necesitamos saber o número de persoas interesadas en facer este Bloque, para facer unha planificación acorde ás horas de teoría e práctica que hai que facer, polo que é imprescindible cubrir o formulario de inscripción que está a continuación, e remitilo á Federación Galega de Remo antes do día 31 de outubro do presente ano.

As tasas de inscripción son de 50€ que se ingresarán na conta da Federación nº 0072 0132 55 0000102525 do Banco Pastor. Especificar no ingreso o nome do cursillista.

 

30-08-2011
Campionato Galego de Yolas

O vindeiro día 25 de setembro, vaise disputar en frente ó Castelo de San Felipe, en Ferrol, unha nova edición do Campionato Galego de Yolas, coincidindo nesta ocasión có XXV Trofeo Cidade de Ferrol de Yolas.

As categorías son Cadete, Xuvenil, Absoluto e Veterán, todas elas tanto femininas como masculinas, sobre unha distancia de 1500m para os cadetes, 2000 m para os xuvenís e absolutos e 1000m para os veteráns.