Proceso Electoral 2026

PROCESO ELECTORAL 2026

En cumprimento do establecido no Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, así como na súa modificación operada polo Decreto 171/2021, do 23 de decembro, e demais normativa de aplicación, a Federación procede á apertura e publicación da información e documentación correspondente ao Proceso Electoral 2026.

De conformidade coa normativa vixente, procédese á publicación inicial do censo electoral inicial, así como da restante documentación que deba facerse pública en cada unha das fases do proceso.

NORMATIVA DE REFERENCIA

• Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
• Lei 3/2025, do 15 de decembro, de modificación da Lei 3/2012.
• Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas.
• Decreto 171/2021, do 23 de decembro, polo que se modifica o Decreto 16/2018, do 15 de febreiro.

Web de Deporte Galego dedicada aos Procesos Electorais 2026, aquí

FASE ACTUAL

FASE IV: CENSO DEFINITIVO, CANDIDATURAS Á ASEMBLEA XERAL, VOTO
POR CORREO
Actuación Prazo
1. Aprobación pola Xunta Electoral do censo electoral definitivo e remisión á SXD 17/07

2. a) Presentación de candidaturas á Asemblea Xeral

    b) Fin do prazo para solicitar o voto por correo

a) Ata o 22/07

b) Ata o 24/07

3. Publicación provisional de candidaturas á Asemblea Xeral 23/07
4. Recursos ante a Xunta Electoral Ata o 28/07
5. Resolución da Xunta Electoral das reclamacións Ata o 31/07
6. Recursos ante o CGXD Ata o 05/08
7. Resolución do CGXD Ata o 14/08
8. Proclamación definitiva de candidaturas á Asemblea Xeral:
   a) Se non hai recursos ante a Xunta Electoral
   b) Se hai recursos ante a Xunta Electoral

a) 29/07

b) 17/08

Sorteo de membros da mesa electoral
   a) Se non hai recursos ante a Xunta Electoral
   b) Se hai recursos ante a Xunta Electoral
a) 31/07
b) 19/08
9. Fin do prazo para emitir o voto por correo 18/09
10. Fin do prazo para solicitar interventores 23/09

CENSOS INICIAIS

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A MEMBROS DA ASEMBLEA XERAL, PRESIDENCIA E COMISIÓN DELEGADA

CENSOS DEFINITIVOS

CIRCULARES / COMUNICADOS

MODELOS NORMALIZADOS