COPA ENCE ROWERG INDOOR ESCOLAR

COPA ENCE ROWERG INDOOR ESCOLAR

A Copa Ence Rowerg Indoor Escolar realizouse o 7 de xuño no pavillón A Raña (Marín). Coa participación de 12 liñas de centros escolares de Cangas do Morrazo (CEIP Castrillón-Coiro, CEIP San Roque e Casa de la Virgen), Marin (Colexio Carballal e Inmaculada), Bueu (Colexio Milagrosa e Montemogos) e Moaña (Colegio A Guia), para un total de 207 escolares e 276 participacións.

Para a organización do evento, contouse coa participación de Deporte Escolar da Xunta de Galicia, que proporcionou o transporte dos escolares ó pavillón e a mutualización dos mesmos ó estar incluido o evento deportivo como unha competición escolar do Programa Xogade.

Compartir esta noticia: