Obxecto e Funcións

  1. A FEDERACIÓN GALEGA DE REMO ten por obxecto a defensa e a promoción do REMO.
  2. Corresponde á FEDERACIÓN GALEGA DE REMO, o Goberno, Administración, Xestión, Organización e Regulamentación do Remo.

*Polo tanto, son funcións propias da Federación:

A. A convocatoria das seleccións deportivas e a designación dos deportistas que as integren.

B. Colaborar coas Administracións Públicas e coa Federación Española na promoción do Remo.

C. Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos Deportistas Galegos de Alto Nivel.

D. Colaborar e organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

E. Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.

F. Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores e xuíces-árbitros segundo a normativa vixente.

G. Contratar o persoal necesario para o cumprimento das súas funcións. En xeral, cantas actividades contribúan ao desenvolvemento e mellora do Remo.

H. En xeral, cantas actividades contribúan ó desenvolvemento e mellora do Remo.